lunes, 1 de diciembre de 2014

Presentación


O VI Congreso de Estudantes de Historia da Psicoloxía, que ten lugar en Santiago de Compostela entre os días 4 e 5 de decembro de 2014 na Facultade de Psicoloxía, forma parte das actividades que integran o programa da materia Historia da Psicoloxía.
Con esta actividade procúrase desenvolver algún dos obxectios da materia, en particular formenta-la actitude crítica que permita ós alumnos entender e asimila-la diversidade de posturas teórico-científicas da disciplicina. Mais tamén pretende desenvolver competencias básicas como coñece-los diversos modelos explicativos da psicoloxía ou fomenta-lo interese pola aprendizaxe. Así mesmo, téntase que os alumnos desenvolvan competencias transversais, como o manexo de instrumentos de presentación de datos, a capacidade de organización da información, de análise, de síntese ou de oratoria.
Neste congreso participan tódolos alumnos do primeiro curso que así o desexen. Os traballos realizaranse en grupo e terán un formato de póster ou relatorio oral. Os temas que serán obxecto de análise e reflexión, nesta sexta edición están relacionados con tópicos habituais na psicoloxía desde os seus inicios no século XIX ata mediados do século XX.
O peso que esta actividade ten no conxunto da materia é o 25%. Valorarase, entre outras cousas, que o tema se axuste ó que se demanda, a claridade expositiva, o manexo dos diferentes recursos utilizados para a presentación, unha boa xestión do tempo e que se enxergue como un traballo de grupo cohesionado, coherente e compacto.

Organizadoras:
Mar Bernal Rivas
María José Sampedro Vizcaya

No hay comentarios:

Publicar un comentario